Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Anxo Araújo

ANXO ARAÚJO

Pop. Pontevedra (GZ)
Venres 22 de setembro – 11.00h PT | 12.00h GZ - 40´– Zona Pro – Universidade de Valença (Valença).
*Só para profesionais acreditados

Urdime | distribucion@urdime.net

 

Anxo Araújo presenta Plan de urbanismo para un novo couto mixto, un disco que se xestou durante o 2020 no seu estudio e que culminou coa gravación de dez fermosas cancións que inspiran momentos de cambio, de auto afirmación e de reflexión sobre a relativa importancia das cousas. Música feliz para tempos de crise ou, en palabras do propio Anxo: «Saír dos buratos máis profundos con confianza e ilusión. Mirar cara a cara ao mundo. Unha absoluta liberación». O músico firma un proxecto de banda coa presenza dos ventos como sinal de identidade. Anxo Araújo foi finalista dos Premios Martín Códax da música galega en 2022, ano no que formou parte do cartel de citas como o festival Surfing the Lérez, os Atardeceres no Gaiás ou o ciclo Xullo Pop do Teatro Colón da Coruña. A crítica definiu o seu disco como 'un traballo na órbita dos imprescindibles do pop galego'.

 

PATROCINAN

COLABORAN

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa